PODCAST





    Hai moitas razóns para traballar o podcast no aula. En primeiro lugar, ben utilizado, fomenta o traballo en equipo, tan importante na educación dos nosos alumnos, e que desgraciadamente nos últimos tempos parece que deixou de ser un valor. Asímismo, o podcast, difundido a través das redes, permítenos dar visibilidade e compartir os nosos coñecementos. En terceiro lugar, son motivadores. En cuarto lugar, a creación de podcast incide na aprendizaxe constructivista. Creando os podcast, son os propios educandos os que constrúen a súa propia aprendizaxe. E en último lugar, os podcasts fomentan a reflexión e o pensamento crítico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario