xoves, 30 de marzo de 2017

O ciclo da auga.

O alumnado do CEIP Quintela explican o ciclo da auga mediante a banda deseñada.

O ciclo da auga

As emocións.

As nenas e os nenos de segundo curso de primaria do CEIP Quintela de Moaña axudan a tres persoas a recuperar as súas expresións, seguindo as indicacións.

As emocións recuperadas.

martes, 21 de marzo de 2017

DÍA DA POESÍA: IES AS BARXAS


Hoxe conmemórase o Día Internacional da Poesía, e no IES As Barxas festexámolo a base de ben. Para empezar, inauguramos unha exposición de Blackout Poetry creada polo noso alumnado de 2º ESO, 3º ESO e 1º BACH. 
A Blackout Poetry, tamén chamada Poesía Opaca, Poesía Escura ou Destrucción Creativa, consiste en agochar as palabras que non se precisan dunha folla de libro, xornal, revista... e deixar visibles unicamante aquelas que conformarán o noso poema. Vén sendo unha especie de busca do tesouro, na que imos descubrir o poema que está oculto baixo a prosa. A idea que alimenta esta técnica creativa radica na crenza de que baixo as capas do cotián, se somos quen de afastar o que nos entorpece a vista, atoparemos poesía.
A idea orixinal é do autor, debuxante e deseñador web Austin Kleon, quen afirma o valor de inspirarse no traballo dos demais para comezar o noso propio. Pero non podemos quedarnos aí, na simple copia, senón que nos cómpre achegar algo máis que, á súa vez, sirva de inspiración para outros.
E partindo nós, pola nosa banda, da idea de Austin Kleon, dedicámonos a ver algúns titoriais, buscamos fontes de inspiración e, como non, acudimos tamén a Pinterest á procura de ideas.  
O resultado final do noso Proxecto Poesía Entre Liñas, como lle chamamos, foi a exposición que esta semana adorna a entrada do noso instituto.






Ademais, esta exposición ofrece a posibilidade de escoitar aos propios nenos e nenas recitando os poemas que compuxeron grazas ás marabillas da Realidade Aumentada. Para iso é preciso descargar no móbil a aplicación Aurasma e seguir o noso canal, ben a través dun enlace ou ben a través dun código QR.

martes, 14 de marzo de 2017

Quintela: Creamos historias para a banda deseñada.

A partir dunha tira de B.D. os nenos e nenas, en grupos, ordearon a secuencia de viñetas e crearon unha historia. Seguidamente elexiron os tipos de bocadillos que precisaban, escribiron e colorearon.
Velaquí o resultado!

Quintela: Creamos historias. Banda deseñada.

mércores, 8 de marzo de 2017

A B.D. no paint!

Os nenos e nenas de segundo curso do Colexio Quintela traballan a banda deseñada ao tempo que desenvolven a competencia dixital.
Nun traballo por parellas para potenciar o diálogo e o consenso, sen limitacións de forma, agás o feito que ten que ser unha b.d.
A crear!

https://www.youtube.com/watch?v=diNhrHOjcU4