martes, 21 de febreiro de 2017

OS ALUMNOS DE 6º DE SEARA INVESTIGAN PARA O PROXECTO

SEARA: MIRA QUE PLANOS!

O alumnado de 6º de Seara traballou os diferentes tipos de planos da banda deseñada.
Primeiro buscaron en cómics que tiñan na clase, analizando planos en pequenas secuencias temporais e interpretando unha historia en viñetas pero sen texto, axudándose da forza da imaxe e dos distintos planos.
A continuación elixiron entre dous posibles puntos de arranque para a historia: Unha nena que cae nun burato profundo ou dous irmáns que tiñan prohibida a entrada a unha habitación concreta da casa.
Por último crearon a súa propia historia.
Aquí tedes algún exemplos do resultado:

OS ALUMNOS DE 6º DE SEARA INVESTIGAN PARA O PROXECTO


TRABALLANDO A SECUENCIA TEMPORAL EN SEARA

A lectura de imaxes é unha actividade moi interesante para traballar cos alumnos xa que mellora a comprensión do tempo e da narración.
Cos nenos máis pequenos comezamos ordenando viñetas para escribir despois a historia; fomos aumentando a dificultade e o número de viñetas progresivamente; e xa na última secuencia, ademais de contar a historia, decidimos poñerlle os globos correspondentes.
Tamén os alumnos maiores traballaron as secuencias, ordenando, contando as historias e engadíndolle o diálogo en bocadillos.
Abaixo tedes unha pequena mostra: