domingo, 8 de xaneiro de 2017

Como traballei o cómic no aula de lingua castelá e literatura.



    O que pretendía era que os meus alumnos se familiarizasen coa linguaxe audiovisual do cómic e que fosen quen de crear eles as súas produccións.

    A secuencia de ensino/aprendizaxe foi a seguinte:

    1) Explicación de conceptos sinxelos da linguaxe do cómic: a viñeta, o globo, a narrativa secuencial, etc... (Podes ver unha explicación sinxela destes conceptos aquí).

    2) A continuación mandeilles analizar algunhas viñetas focalizando as preguntas nos conceptos que tratamos na explicación. Foron unha serie de preguntas guiadas, do estilo: qué información se transmite con este punto de vista? ou, sobre qué chama a atención este plano xeral que ves aquí, sobre os sentimentos das personaxes, sobre a acción ou sobre o espacio? 

   Foi unha actividade baseada nunha aprendizaxe vicaria ou modelada. Dinlles aos alumnos unha información na explicación que eles logo tiveron que aplicar para resolver as preguntas. Non é o mellor xeito de traballar no aula. É moito mellor trabajar con actividades que fomenten a aprendizaxe por descubrimento, porque son motivadoras e os alumnos teñen un papel activo, polo que a aprendizaxe resultante é significativa e máis profunda. Pero o tempo que temos é o que é, e desenvolver unha secuencia de ensino aprendizaxe enfocada a que os alumnos descubran eles as claves da linguaxe do cómic levaría moito tempo. Porén, teño que dicir que quedei moi satisfeito co resultado, aínda que o camiño para chegar a el non fose o desexado. Os alumnos aprenderon o que lles quería transmitir. Ademáis, creo que foi bastente entretido para eles. Normalmente a aprendizaxe vicaria é bastante aburrida, porque é pasiva e eles só teñen que repetir un procedemento que se lles ensinou previamente noutra situación. Non esixe un desafío intelectual. Máis neste caso, insisto en que creo que eles o pasaron ben porque o cómic por si mesmo é motivador para eles. Cando teño que empregar este aprendizaxe vicario ao ensino da sintaxe, por exemplo, os alumnos se aburren e pronto se desmotivan. Ese era un dos meus maiores medos, pero no foi así. O cómic na aula de lingua castelá era algo novo e ademáis a maioría deles disfrutan lendo cómics.

    3) Unha vez explicados os conceptos básicos da linguaxe do cómic, quixen que cada un deles fixese o seu propio. O primeiro paso foi mandarlles que fixeran un boceto de cómic. Esta vez quería traballar a aprendizaxe por descubrimento. Non tiñan que debuxar. Tiñan que pensar un cómic e xustificar por qué ían facelo así. Pretendía traballar o texto narrativo e a linguaxe audiovisual. Neste boceto eu lles pedía:

    - Para traballar o texto narrativo.

    a) Determinar cal era o conflicto que movía a acción. Que vai pasar?

 b) Describir as personaxes, dicindo cómo eran psicolóxicamente e físicamente. Tamén tiñan que dicir se se trataba de personaxes planas, redondas, etc...

    c) A acción. Tiñan que dividir a súa historia en tres partes, plantexamento, nó e desenlace, prestando atención a que estivesen equilibradas e que en cada unha se contase o que se ten que contar (no plantexamento presentar as personaxes, o conflicto, etc...).

    - Para traballar a linguaxe audiovisual. 

    d) Secuenciar a acción. Dicir cantas viñetas ía ter o seu cómic e qué se ía ver en cada unha. Non tiñan que falar do tipo de plano, nin do punto de vista, nin nada de eso. Só tiñan que dicir qué se ía ver. 

    Recollín as actividades e correxinas, explicándoles qué erros tiñan, qué había que cambiar, etc... 

    Os erros máis frecuentes foron:
  
    a) ausencia de conflicto. Por exemplo, un rapaz que ten problemas porque non se leva ben coa súa familia, se levanta pola mañán, sae á rúa, da un paseo e volve. Ou, por poñer outro exemplo extremo, unha rapaza que ía ao parque e alí se atopaba cun amigo. Nada máis. 

   b) En xeral, coas personaxes, non tiveron problemas. 

   c) Acción totalmente desequilibrada. Empezan con moi boas intencións, fan un plantexamento moi pormenorizado e longo, pero cánsanse de traballar e resolven o conflicto en catro viñetas. 

    d) Secuenciar a narración mal. Os dous erros máis frecuentes foron: 
   
    * diseñar viñetas imposibles porque nelas se simultaneaban varias accións (por exemplo, un home chama a porta da súa casa, ábrenlle os seus pais e vai ao salón). Penso que isto é consecuencia de que a linguaxe do cómic e a do cine é similar, xa que as dúas son audiovisuais. Os alumnos pensaban a súa producción máis como unha película, que como un cómic. 

         * saltos na narración de xeito que faltaba información e o lector perdíase. 

     O primeiro caso, solucionábase dividindo a viñeta en varias distintas, o segundo insertando viñetas que enchesen os ocos de información.

    4) Unha vez tiñan feito e correxido o seu boceto de cómic, pedinlles que xusficasen as súas viñetas. Pedinlles que dixesen qué tipo de plano ían empregar, qué punto de vista, etc... E tiñan que xustificalo. Pretendía traballar específicamente a linguaxe audiovisual. Foime moi útil que a linguaxe do cómic é moi similar á do cine. Todos estaban familiarizados con series, películas, etc... así que foime moi doado pasar información dunha banda a outra Aínda así, houbo erros. O máis frecuente foi que se cansaron de traballar e poñían o memo tipo de plano para todo, independetemente da información que se quixese transmitir. Foi un erro meu, porque a verdade é que non foi moi motivador para eles, pero non se me ocurre cómo facer unha actividade distinta. 

   5) A miña asignatura é lingua castelá e literatura, non plástica, polo que non obriguei a niguén a debuxar o cómic. Dexei esta parte voluntaria. Como non todos os alumnos saben debuxar, dinlles a posibilidade de empregar aplicacións online como Pixton. O resultado foi desigual. Os alumnos de primeiro e de segundo da ESO, en xeral, responderon moi ben e máis do 75% o fixo, debuxando ou online. En cuarto da ESO os resultados foron bastante máis pobres. So tres alumnos de vinte o fixeron. Se me ocurren dúas razóns: Unha, a idade, xa que aos catorce/quince anos os rapaces tenden a ser máis pasivos e rexeitar todo o que teña que ver coa autoridade, neste caso a académica. E outra, que a dinámica dese grupo non é especialmente boa.

    Aínda que os resultados segundo e primeiro foron bós, teño que reconocer que me atopei cunha circunstancia que non tiña previsto, e foi que os cómics que debuxaron o fixeron online non eran exactamente o que me tiñan entregado. Cambiaban viñetas, suprimían, incluso cambiaban a historia. Como era unha actividade voluntaria, non lles dixen nada, pero o certo é que neste punto fallou a miña secuencia de ensino-aprendizaxe. Agora, pasado o tempo, creo que se debe a dúas razóns, fundamentalmente técnicas. Aqueles que debuxaron, déronse conta de que debuxar é un proceso moi lento, polo que tenderon a cambiar a historia para facela moito máis curta. Os que o fixeron online poden traballar moito máis rápido, polo que penso que eles cambiaron a historia porque as aplicacións online, neste caso pixton, son limitadas e moitas dan viñetas que eles tiñan deseñado non se podían  facer. Alomenoseso foi que eles me dixeron. 

    6) Finalmente, lemos e corriximos algúns cómics empregando a pizarra dixital. Analizamos as produccións en grupo. Pedínlles que me dixeran qué estaba ben ou qué estaba mal. Só fixen cos alumnos de primeiro e de segundo, porque, como xa dixen, os de cuarto non estaban tan motivados. Fixemos as críticas con respeto e penso que o resultado foi bo. 
   

domingo, 1 de xaneiro de 2017

Documentais RTVE sobre autores españois de BD


Resultado de imagem para francisco ibañez

Aínda que non se trata de que o noso alumnado se profesionalice como autores de BD, está ben que saiban que existen un oficio e unha industria ligados a esta manifestación cultural.
Neste link
http://www.rtve.es/alacarta/videos/humoristas-graficos-y-dibujantes-de-historietas/humoristas-graficos-dibujantes-historietas-francisco-ibanez/2778135/
accedes ao progama adicado a Ibáñez -posiblemente un debuxante que moitos alumnos coñezan. Na parte inferior da páxina aparecen outros autores.